domingo, 4 de diciembre de 2011

Abril 2009

Soamente transcurriron uns meses, pero a horta xa empeza a ter un aspecto aceptable. Un mini-invernadoiro que instalamos no interior para o cultivo das sementes é de moita axuda para empezar a autoabastecerse. As leitugas xa teñen un tañamo aceptable, e xa podemos disfrutar de canónigos e rúcula.

O aprendido

Tras a montaxe do invernadoiro, antes de inicar a prantación e sementeira temos que preparar o terreo. É que mellor que poñer en práctica o aprendido. Así que as galiñas comezaron a facer o seu traballo de limpeza de todo tipo de bichos.

domingo, 30 de octubre de 2011

Decembro 2008- Montaxe do invernadoiro

A instalación dun invernadoiro para o cultivo no inverno foi dende un principio unha inversión necesaria. Non só polo cultivo de hortalizas fora de temporada se non porque che permite un contacto máis continuado na horta.


sábado, 29 de octubre de 2011

Novembro 2008

Aquí empeza todo. Non sei moi ben por qué,  pero algo fixo que un par de meses antes me apuntara a un curso de agricultura ecolóxica. E tras recibir as informacións dos profesores e profesoras e tamén de compartir  con alumnos/as as posibilidades e os beneficios dun consumo máis saudable e responsable decido traballar a miña propia horta ecolóxica.

Esta foto corresponde aos tres primeiros bancais que facemos. Nun bancal prantamos leitugas e no outro sementamos cenouras e espinafres. No que está enfronte será para prantas medicinais, onde a lavanda e a santolina ( que son un regalo de Tito) forman o inicio da horta.