martes, 24 de abril de 2012

Febreiro 2010

    Febreiro foi un mes de chuvia e frío pero non desanimou a continuar coa prantación dos nosos sementeiros. Mesmo nos animamos con cultivos tan difíciles como a prantación de sandías.

    Tamén como cabía esperar tivemos que repoñer sementes de tomates, pementos e berenxenas que non deron saída na primeira prantación.

    Hai unha hortaliza sobre a que quero facer mención especial, os cogollos. Un produto pouco cultivado ou case nada na zona de Pontevedra e que sen embargo dáse moi ben e quero animarvos dende aquí a que probedes a súa prantación nas vosas hortas. Das diferentes épocas nas que testamos a súa prantación, de febreiro ata xullo funcionou mellor. Aquí vai unha imaxe en pleno mes de maio.

Xaneiro 2010. Arrancamos

Aproveitamos o primer fin de semana sen choiva e imos a horta para preparar os bancais e o invernadoiro. Abonamos o bancal que vai acoller os pementos e tomates con abono de galiñas mesturado. Esta escolla como xa falaremos máis adiante non foi do máis acertada. E iso que no curso que fixemos non foi pouca a insistencia dos mestres e mestras para que non aplicásemos directamente o abono sen madurar, que un exceso de nitróxeno pode causar desestabilización na terra e atraer as plagas.

Por outra parte imos quitando as "malas herbas" e facemos dous sementeiros de cama quente.

-sementeiro nº1: plantamos tomates de variedades cherri, raft, pomodoros (esta denominación foi porque trouxemos a semente da Italia) e berenxenas.
-sementeiro nº2: 3 pementos (regalados por Miriam de Istambul)