viernes, 8 de junio de 2012

Maio 2010. Espárragos

Hoxe imos falar dos espárragos e o seu cultivo. Tradicionais de Navarra, decidimos facer aquí un ensaio con eles.

Antes de nada,  e aínda que seguro moitas e moitos xa o sabedes, os espárragos verdes e brancos proceden da mesma pranta, e o mellor de todo é que seremos nós quen decidamos qué tipo de espárrago levamos á mesa.

Podemos iniciar o seu cultivo con sementes ou con "garras". Nós iniciamos o cultivo con "garras" traídas directamente de Tudela, grazas ao noso amigo Javier. O ciclo inicial para poder recoller espárragos nunha esparraguera son tres anos. Primeiro ano sementamos, segundo, saen os primeiros espárragos, e terceiro ano podemos iniciar paseniño a recolleita dos primeiros exemplares. Ó conseguir as garras, partiremos cun ano de vantaxe.

Plantación das garras:

A época de plantación será en marzo. Para iso facemos uns bancais ben profundos duns 50 cms de profundidade e 20 cm de ancho. No fondo procederemos a un abonado con materia ben descomposta. Xa podemos colocar as garras no fondo do bancal e taparémolos con terra. Atención, so cubriremos os espárragos. O resto da terra que temos ó redor do bancal, queda para ir cubrindo os espárragos segundo vaian medrando. É dicir, imos cubrindo os espárragos segundo vaian medrando ata chegar o nivel superficial do terreo. Unha vez aquí, deixamos que a planta medre. O seu crecemento chegará ata outubro, novembro. Durante esta fase a esparragueira está collendo forzas para enraizar con forza. Un bo crecemento nestas fases, terá unha incidencia directa na cantidade de espárragos a producir nos anos seguintes. É por iso que non se recomenda a súa recolección antes dos tres anos, para que a esparragueira se afinque ben na terra e consiga un bo enraizado. Non apto para impacientes.

Xa en outubro, novembro, a pranta deberá secar é será o momento de cortala a ras da superficie. Durante o inverno procederemos a un abonado superficial.

No inicio segundo ano, seguramente por febreiro, marzo, empezarán a saír os primeiros espárragos. Momento duro, xa que debemos aguantar, mirar para eles e non collelos. Deberemos ir cubrindo os espárragos que saian con terra ata unha altura máis ou menos de 30 cms. Xa podemos deixar a pranta medrar para arriba, idem ó ano anterior. Repetimos operación de corte e abonado.






Por fin, o terceiro ano xa chegou, e segundo van saíndo os espárragos ímolos cubrindo ata a altura de 30 cms (se queremos que sexan os brancos, senón deixamolos sen cubrir) e a partir de aí a recoller. Non deberíamos iniciar a recolleita antes de maio e o último día será o 23 de xuño. Cada ano irá en aumento a cantidade de espárragos que saian, así ata os 8 dez anos que soen producir as prantas esparragueras.

Como recollelos:

En Navarra, teñen ferramentes apropiadas para recoller os espárragos. Aquí, nós botamos man dun coitelo de cortar xamón ben largo para chegar o máis abaixo posible. Separamos a terra ó redor do espárrago que queremos recolleitar e con xeito cortamos o máis profundo posible para coller os espárragos máis longos.

Así é como nós estamos cultivando os espárragos, e este que foi o primer ano de recolleita, non ten dúbida. Se alguén pode darnos algunha indicación, será benvida. 

O próximo día falaremos da preparación e cocción dos espárragos.

Abril e Maio 2010. Reformarmos os bancais

Como comentamos ao inicio do 2010, un exceso de abonado sen compostar, provocou que o pulgón vermello aparecese de forma incontrolable sobre as leitugas. Tamén as cochinillas e cen pés viñeron facerlle compaña. Fago aplicacións de varios remedios naturais (allo macerado en aceite, purin de estruga, infusión de lavanda), pero é demasíado tarde.
           
Moi ao meu pesar, decido quitar a capa superficial da terra (3 cm aprox) e eliminar todas as prantas infectadas. Mantemos a prantación dos tomates que, aínda que teñen algo de pulgón, están medrando con moita forza.

Xa ca emoción decido facer reformas nos bancais e fago dous pasillos, separando os bancais con táboas de madeira.