domingo, 23 de septiembre de 2012

XUÑO 2010. COGOLLOS

Xa comentara nunha entrada anterior a prantación dos cogollos, porque é unha hortaliza que aquí pode cultivarse moi ben. Pois aquí vos xunto unha foto para que vexades que é verdade. Este precioso cogollo está listo para degustar.

Espárragos. A xantar

    Por fin, logo de anos de espera, podemos degustar os espárragos. A súa preparación é sinxela.  Hai que pelalos ben, sen medo. A capa exterior é moi fibrosa e por moito que os teñamos cocendo e incomestible (dito por experiencia). Xa sei que costa pero ata que non cheguedes a parte tenra hai que pelar. O mellor é xuntalos e atalos cun cordel para cocer. Nunha tarteira pons auga con sal e un pouquiño de azucre. Cando ferva chimpas os espárragos dentro, pero deixando as puntas fora para equilibrar o tempo de cocción entre a parte máis gorda e delgada. O tempo de coción pode variar segundo o tamaño dos espárragos. Vinte minutos mínimo. Logo, deixamos arrefriar e xa están listos.
    Disfrutar duns espárragos caseiros é algo moi especial. O sabor é moi diferente, moi intenso, algo parecido ó sabor dos chícharos. Xa me tarda en chegar a primavera para volver recollelos.