domingo, 17 de marzo de 2013

Chegou a época da sementeira

Por fin o inverno está case a rematar e marzo é un mes importante para facer os sementeiros. E que mellor que achegarse ao obradoiro de sementeiras que fixeron de balde os organizadores da rede galega de sementes en Moaña. Cousas básicas e moi interesantes na preparación e execución que alí nos amosaron:

-A auga: moi importante, regar os sementeiros con auga morna. Sobre todo cando se trate de pementos, berenxenas, tomates, cabaciñas, etc. Todo este tipo de plantas necesitan temperaturas altas para xerminar e si regamos con auga fría non van a xerminar.

-Tomates: como controlar o rego. Que cantidade de discusións non se teñen en referencia a como regar os tomates? Pois recomendacións da experiencia. Na floración, en canto teñen a primeira flor, é importante limitarlle o rego, para que a planta sinta a necesidade de seguir flocerendo para reproducirse.