Aquí van dúas fotos sobre a nova horta onde imos facer as prantacións. Varias cousas que tivemos en conta:
A distribución: en bancais, con madeiras ao redor para facilitar as tarefas de control de herbas e prantación.
O tamaño dos bancais: todos do mesmo ancho e lonxitude. Isto facilitará a reutilización de túneles invernadoiros. Tamén no futuro pensamos en construír un galiñeiro móbil que nos axude co control das babosas e gusanos, co que poderemos utilizalo en todos os bancais.
O rego: por goteo e cun programador para reducir ao máximo o consumo de auga.
domingo, 18 de noviembre de 2012
domingo, 23 de septiembre de 2012
XUÑO 2010. COGOLLOS
Xa comentara nunha entrada anterior a prantación dos cogollos, porque é unha hortaliza que aquí pode cultivarse moi ben. Pois aquí vos xunto unha foto para que vexades que é verdade. Este precioso cogollo está listo para degustar.
Espárragos. A xantar
Por fin, logo de anos de espera, podemos degustar os espárragos. A súa preparación é sinxela. Hai que pelalos ben, sen medo. A capa exterior é moi fibrosa e por moito que os teñamos cocendo e incomestible (dito por experiencia). Xa sei que costa pero ata que non cheguedes a parte tenra hai que pelar. O mellor é xuntalos e atalos cun cordel para cocer. Nunha tarteira pons auga con sal e un pouquiño de azucre. Cando ferva chimpas os espárragos dentro, pero deixando as puntas fora para equilibrar o tempo de cocción entre a parte máis gorda e delgada. O tempo de coción pode variar segundo o tamaño dos espárragos. Vinte minutos mínimo. Logo, deixamos arrefriar e xa están listos.
Disfrutar duns espárragos caseiros é algo moi especial. O sabor é moi diferente, moi intenso, algo parecido ó sabor dos chícharos. Xa me tarda en chegar a primavera para volver recollelos.

viernes, 8 de junio de 2012
Maio 2010. Espárragos
Hoxe imos falar dos espárragos e o seu cultivo. Tradicionais de Navarra, decidimos facer aquí un ensaio con eles.
Antes de nada, e aínda que seguro moitas e moitos xa o sabedes, os espárragos verdes e brancos proceden da mesma pranta, e o mellor de todo é que seremos nós quen decidamos qué tipo de espárrago levamos á mesa.
Podemos iniciar o seu cultivo con sementes ou con "garras". Nós iniciamos o cultivo con "garras" traídas directamente de Tudela, grazas ao noso amigo Javier. O ciclo inicial para poder recoller espárragos nunha esparraguera son tres anos. Primeiro ano sementamos, segundo, saen os primeiros espárragos, e terceiro ano podemos iniciar paseniño a recolleita dos primeiros exemplares. Ó conseguir as garras, partiremos cun ano de vantaxe.
Plantación das garras:
A época de plantación será en marzo. Para iso facemos uns bancais ben profundos duns 50 cms de profundidade e 20 cm de ancho. No fondo procederemos a un abonado con materia ben descomposta. Xa podemos colocar as garras no fondo do bancal e taparémolos con terra. Atención, so cubriremos os espárragos. O resto da terra que temos ó redor do bancal, queda para ir cubrindo os espárragos segundo vaian medrando. É dicir, imos cubrindo os espárragos segundo vaian medrando ata chegar o nivel superficial do terreo. Unha vez aquí, deixamos que a planta medre. O seu crecemento chegará ata outubro, novembro. Durante esta fase a esparragueira está collendo forzas para enraizar con forza. Un bo crecemento nestas fases, terá unha incidencia directa na cantidade de espárragos a producir nos anos seguintes. É por iso que non se recomenda a súa recolección antes dos tres anos, para que a esparragueira se afinque ben na terra e consiga un bo enraizado. Non apto para impacientes.
Xa en outubro, novembro, a pranta deberá secar é será o momento de cortala a ras da superficie. Durante o inverno procederemos a un abonado superficial.
No inicio segundo ano, seguramente por febreiro, marzo, empezarán a saír os primeiros espárragos. Momento duro, xa que debemos aguantar, mirar para eles e non collelos. Deberemos ir cubrindo os espárragos que saian con terra ata unha altura máis ou menos de 30 cms. Xa podemos deixar a pranta medrar para arriba, idem ó ano anterior. Repetimos operación de corte e abonado.
O próximo día falaremos da preparación e cocción dos espárragos.

Por fin, o terceiro ano xa chegou, e segundo van saíndo os espárragos ímolos cubrindo ata a altura de 30 cms (se queremos que sexan os brancos, senón deixamolos sen cubrir) e a partir de aí a recoller. Non deberíamos iniciar a recolleita antes de maio e o último día será o 23 de xuño. Cada ano irá en aumento a cantidade de espárragos que saian, así ata os 8 dez anos que soen producir as prantas esparragueras.
Como recollelos:
En Navarra, teñen ferramentes apropiadas para recoller os espárragos. Aquí, nós botamos man dun coitelo de cortar xamón ben largo para chegar o máis abaixo posible. Separamos a terra ó redor do espárrago que queremos recolleitar e con xeito cortamos o máis profundo posible para coller os espárragos máis longos.
Así é como nós estamos cultivando os espárragos, e este que foi o primer ano de recolleita, non ten dúbida. Se alguén pode darnos algunha indicación, será benvida.
Abril e Maio 2010. Reformarmos os bancais
Como comentamos ao inicio do 2010, un exceso de abonado sen compostar, provocou que o pulgón vermello aparecese de forma incontrolable sobre as leitugas. Tamén as cochinillas e cen pés viñeron facerlle compaña. Fago aplicacións de varios remedios naturais (allo macerado en aceite, purin de estruga, infusión de lavanda), pero é demasíado tarde.
Moi ao meu pesar, decido quitar a capa superficial da terra (3 cm aprox) e eliminar todas as prantas infectadas. Mantemos a prantación dos tomates que, aínda que teñen algo de pulgón, están medrando con moita forza.
Xa ca emoción decido facer reformas nos bancais e fago dous pasillos, separando os bancais con táboas de madeira.

martes, 24 de abril de 2012
Febreiro 2010
Febreiro foi un mes de chuvia e frío pero non desanimou a continuar coa prantación dos nosos sementeiros. Mesmo nos animamos con cultivos tan difíciles como a prantación de sandías.
Tamén como cabía esperar tivemos que repoñer sementes de tomates, pementos e berenxenas que non deron saída na primeira prantación.
Hai unha hortaliza sobre a que quero facer mención especial, os cogollos. Un produto pouco cultivado ou case nada na zona de Pontevedra e que sen embargo dáse moi ben e quero animarvos dende aquí a que probedes a súa prantación nas vosas hortas. Das diferentes épocas nas que testamos a súa prantación, de febreiro ata xullo funcionou mellor. Aquí vai unha imaxe en pleno mes de maio.

Xaneiro 2010. Arrancamos
Aproveitamos o primer fin de semana sen choiva e imos a horta para preparar os bancais e o invernadoiro. Abonamos o bancal que vai acoller os pementos e tomates con abono de galiñas mesturado. Esta escolla como xa falaremos máis adiante non foi do máis acertada. E iso que no curso que fixemos non foi pouca a insistencia dos mestres e mestras para que non aplicásemos directamente o abono sen madurar, que un exceso de nitróxeno pode causar desestabilización na terra e atraer as plagas.
Por outra parte imos quitando as "malas herbas" e facemos dous sementeiros de cama quente.
-sementeiro nº1: plantamos tomates de variedades cherri, raft, pomodoros (esta denominación foi porque trouxemos a semente da Italia) e berenxenas.
-sementeiro nº2: 3 pementos (regalados por Miriam de Istambul)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)