lunes, 16 de enero de 2012

Agosto 2009. Xa temos vexetais para preparar gazpacho.


Agosto é un bo mes para gozar do traballo desenvolvido na primeira parte do ano. Vai moita calor para traballar na horta, pero a cambio temos moito que recoller. Coa variedade de legumes que conseguimos colleitar xa podemos preparar un riquísimo gazpacho. O máis importante nesta época é manter un bo rego e ir planificando a prantación cara ao outono-inverno. As mellores horas para estar na horta son a mañá cediño ou a última hora do día. A miña recomendación de rego será sempre pola mañá, xa que a terra está fresquiña e a pranta recibirá con moito agarimo a auga para soportar os días de calor.

domingo, 15 de enero de 2012

Xullo 2009. Colleita, de todo un pouco


Aquí está a colleita de xullo. Non hai moita cantidade pero si variedade. Que rico estaba todo. Lembro perfectamente o pracer de chegar a casa cos productos e expolos na cociña como se fosen obras de arte.


domingo, 8 de enero de 2012

Xullo 2009. Xa falta pouco

Xullo 2009. É verdade. Xa falta pouco para poder testar os primeiros tomates. Podedes comprobar que están repletos. Rego con purín de estrugas mensualmente foi máis que suficiente para conseguir estas prantas tan sanas.

As cebolas,  xa case están ca rama seca para ser sacadas da terra.

xuño 2009. Todo medra moi rápido

Tras unha curta parada por vacacións de nadal, imos continuar mostrando a evolución da horta.  Aquí vai unha foto da horta en xuño do 2009. Todo medra moi rápido. Son meses onde o calor e as horas de luz fanse notar no crecemento das prantas. As caléndulas aportan color e tamén atraen os insectos que manteñen o equilibrio para controlar que non se produzan dexasustes. As cebolas están espléndidas e xa lle queda pouco para que se lle empece a secar a rama.