lunes, 25 de febrero de 2013

Zumo de pasto de trigo

En canto fedellas un pouco acerca de comina sa, logo te atopas co termo "Wheatgrass" que é zume de pasto de trigo.  Este famoso zume, é o resultado de xerminar trigo. Aos nove ou dez días  de crecemento xa está listo para cortar e facer un zume. A dificultade radica en extraer este zume do trigo, xa que necesitas uns exprimidores especiais tamén chamados extractores. As características destes extractores son que traballan a baixas revolucións co cal non destrúen as propiedades dos alimentos ao non sometelos a altas temperaturas. Pois ben, aparte de zume, din que tamén ten moitas propiedades se simplemente o mastigamos na boca e facemos nós mesmos de extractores.
Deixo este link para os máis curiosos/as  http://www.unmundodebrotes.com/2012/01/pasto-de-trigo-o-weatgrass/.

Pois esta curiosidade levoume a probar.A primeira proba foi con grans de colleita propia pero non naceron en suficiente cantidade así que mercamos grans de trigo ecolóxico e fixemos un pequeno xerminado. Efectivamente aos dez días, así estaba de bonito...

No hay comentarios:

Publicar un comentario