sábado, 19 de enero de 2013

Galletas


Hoxe imos poñer a receita dunhas galletas que fixemos onte. Coma sempre a base é utilizar produtos ecolóxicos. As proporcións para facer estas galletas son:

- 2 ovos, 100 gramos de bebida de soia, 25 gramos de manteiga de soia, 50 gramos de azucre, 5 gramos de anís estrelado e un pico de xenxibre en po. Mesturamos ben.

- agregamos as fariñas. Neste caso 175 gramos de fariña branca e 50 gramos de centeo ás que lle engadimos 1 cucharadiña de lavadura en po.

- traballamos a masa nun cunco ata que non se pegue as paredes. Conseguido isto metémola no conxelador envolta cun filme plástico durante 30 minutos.

- quitamos e facemos as formas. Imaxinación que non falte. Algo de sésamo, liño, marmelada de ameixas neste caso. Ó gusto.

- enfornamos a temperatura de 180-200 graos durante 20-30 minutos. Podemos ir probando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario