viernes, 28 de diciembre de 2012

Pan con fariña de garavanzos

Que mellor que nestas festas que introducir un novo sabor na cociña! Hoxe decidimos facer un pan engadindo fariña de garavanzos. O sabor deste pan lembraranos ós falafel.

A receita que poñemos a continuación é con masa nai.

Pans con fariña de garavanzos:
-200 gramos de masa nai
-250 gramos de fariña integral de trigo
-250 gramos de fariña integral de espelta
-250 gramos de fariña de garavanzos
-450 gramos de auga
-10 gramos de sal

Elaboración:
Quecemos a auga ata os 35ºC e engadimos o sal. Logo de mesturar ben engadimos a masa nai. Volvemos remexer ben. A continuación engadimos as fariñas e imos mesturando ca auga. Se se pega moito engadimos un pouco máis de fariña ata acadar a consistencia axeitada. É unha masa difícil de traballar, pola fariña de garavanzos. Sempre que utilicemos masa nai, o proceso tras o amasado durará mínimo 6 horas. Nós deixamos a fermentación no frigo durante 12 horas para que se potencien os aromas. Transcorrido este tempo dividimos a masa en varias porcións que deixaremos en segunda fermentación unhas 4  horas a temperatura ambiente. Estes pans foron cocidos en cociña de leña a 180ºC durante 40 minutos. O resultado, un pan con moi bo aroma e sabor. Bon proveito! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario