lunes, 10 de diciembre de 2012

Soia. Bebida e Okara

Agora toca gozar da soia. Comezamos con bebida de soia e o aproveitamento dos restos que se chaman Okara. A preparación é sinxela. Se buscamos un pouco pola internet podemos atopar miles de receitas. Eu vou poñer aquí as cantidades que estamos utilizando, pero é importante ser flexibles e adaptar os ingredintes o paladar de cadaquén.

Preparacion de 1,5 litros de bebida de soia:

-120 gramos de soia previamente hidradata  unhas 5 horas
-1,5 litros de auga
-50 gramos de azucre moreno integral
- 1 trozo de vainilla ( aprox 2 cm)
- 25 gramos de sésamo.

O primeiro e triturar a soia cun pouquiño de auga. Engadimos o resto da auga, azucar e a vanilla e a cocer. Unha vez que ferve baixar o lume e cocer a fogo medio durante 50 minutos. Aconsello ir probando a bebida e así poderemos percibir como vai cambiando de sabor e retificar en azucre si consideramos moi agria. Transcurrido o tempo engadimos o sésamo e voltamos triturar retirando inmediatamente do lume e deixando repousar uns 15 minutos. Agora colamos cun colador fino e atención o que queda no colador é o famoso Okara que aproveitaremos para facer outros platos. Unha vez fría a bebida de soia gardamos nunha botella de cristal na neveira. Consérvase 3 días, máis xa non sei pois nunca conseguimos que nos dure máis. O Okara podemos gardalo na neveira e aproveitar para facer unhas hamburguesas ou simplemente saltealo na sartén cunhas legumes ou engadilo a unha rica ensalada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario