viernes, 28 de diciembre de 2012

Pan con fariña de garavanzos

Que mellor que nestas festas que introducir un novo sabor na cociña! Hoxe decidimos facer un pan engadindo fariña de garavanzos. O sabor deste pan lembraranos ós falafel.

A receita que poñemos a continuación é con masa nai.

Pans con fariña de garavanzos:
-200 gramos de masa nai
-250 gramos de fariña integral de trigo
-250 gramos de fariña integral de espelta
-250 gramos de fariña de garavanzos
-450 gramos de auga
-10 gramos de sal

Elaboración:
Quecemos a auga ata os 35ºC e engadimos o sal. Logo de mesturar ben engadimos a masa nai. Volvemos remexer ben. A continuación engadimos as fariñas e imos mesturando ca auga. Se se pega moito engadimos un pouco máis de fariña ata acadar a consistencia axeitada. É unha masa difícil de traballar, pola fariña de garavanzos. Sempre que utilicemos masa nai, o proceso tras o amasado durará mínimo 6 horas. Nós deixamos a fermentación no frigo durante 12 horas para que se potencien os aromas. Transcorrido este tempo dividimos a masa en varias porcións que deixaremos en segunda fermentación unhas 4  horas a temperatura ambiente. Estes pans foron cocidos en cociña de leña a 180ºC durante 40 minutos. O resultado, un pan con moi bo aroma e sabor. Bon proveito! 

lunes, 10 de diciembre de 2012

Soia. Bebida e Okara

Agora toca gozar da soia. Comezamos con bebida de soia e o aproveitamento dos restos que se chaman Okara. A preparación é sinxela. Se buscamos un pouco pola internet podemos atopar miles de receitas. Eu vou poñer aquí as cantidades que estamos utilizando, pero é importante ser flexibles e adaptar os ingredintes o paladar de cadaquén.

Preparacion de 1,5 litros de bebida de soia:

-120 gramos de soia previamente hidradata  unhas 5 horas
-1,5 litros de auga
-50 gramos de azucre moreno integral
- 1 trozo de vainilla ( aprox 2 cm)
- 25 gramos de sésamo.

O primeiro e triturar a soia cun pouquiño de auga. Engadimos o resto da auga, azucar e a vanilla e a cocer. Unha vez que ferve baixar o lume e cocer a fogo medio durante 50 minutos. Aconsello ir probando a bebida e así poderemos percibir como vai cambiando de sabor e retificar en azucre si consideramos moi agria. Transcurrido o tempo engadimos o sésamo e voltamos triturar retirando inmediatamente do lume e deixando repousar uns 15 minutos. Agora colamos cun colador fino e atención o que queda no colador é o famoso Okara que aproveitaremos para facer outros platos. Unha vez fría a bebida de soia gardamos nunha botella de cristal na neveira. Consérvase 3 días, máis xa non sei pois nunca conseguimos que nos dure máis. O Okara podemos gardalo na neveira e aproveitar para facer unhas hamburguesas ou simplemente saltealo na sartén cunhas legumes ou engadilo a unha rica ensalada.


martes, 4 de diciembre de 2012

Soia. Recolleita

No mes de novembro a soia xa está lista para a súa recolleita. O cambio de cor, agora as prantas están amarelas, indica a súa madurez. Nós fixemos a recolleita retirando as vainas unha a unha da pranta para o seu posterior secado en zona ben aireada. Quizáis o máis sinxelo sexa arrancar a pranta totalmente e colocala boca arriba para o seu secado. Se empezamos a debullar a soia sen estar completamente seca, sorprenderavos o tamaño do gran que disminuirá a unha terceira parte unha vez seco. O mellor é esperar a que esté ben seca. O proceso de debullado será máis sinxelo e non danaremos o gran, co cal a súa conservación será mellor.



domingo, 2 de diciembre de 2012

Soia.

Esta tempada introducimos o cultivo de soia. Con apenas 40 sementes fixemos unha pequena prantación que nos reportou aprox. 3 kg de soia branca. As recomendacións de época de prantación en Galicia son a 2ª quincena de maio, xa que necesita 4 meses de boa temperatura para o seu completo desenrolo. Nós fixemos a prantanción a mediados de xuño. As boas temperaturas que tivemos sobre todo durante o mes de setembro axudaron a contrarestar o retraso na prantación.